Preguntas frecuentes sobre certificación da eficiencia enerxética de edificios existentes. Real Decreto 235/2013:

1. Que é o Certificado da eficiencia enerxética de edificios?
É a documentación que contén información sobre as características enerxéticas e a cualificación de eficiencia enerxética do edificio ou da parte do edificio.

2. Para cales edificios e cando existe a obriga de obter o certificado? 
Edificios ou partes de edificios que se vendan ou se aluguen dende o
1 de xuño de 2013, sempre que non dispoñan dun certificado.

Se existe contrato de arrendamento á entrada en vigor do RD 235/2013 (6 de abril de 2013) ou se renove un contrato existente, non será necesario obter o certificado.

3. Quen ten a obriga de contratar a realización do certificado? 
O propietario ou promotor do edificio, vivenda ou local.

4. Quen son os técnicos competentes para certificar?
Arquitectos e outros técnicos.

5. Que validez ten o certificado?
Terá unha validez de 10 anos.

6. Que é a etiqueta da eficiencia enerxética de edificios?
Esta etiqueta clasifica os edificios, mediante dous indicadores, dentro dunha escala que vai da letra G (edificio menos eficiente) á letra A (edificio máis eficiente). Estes indicadores, son:
- Consumo de enerxía primaria non renovable en kWh/m2 ano.
- Emisións de CO2 en KgCO2 /m2 ano. 

7. Que obrigas establece o RD 235/2013 con respecto á etiqueta?
Debe ser incluída en toda oferta, promoción e publicidade dirixida á venda ou arrendamento do edificio ou unidade do edificio.

8. É obrigatorio executar as medidas de mellora propostas?
Non é obrigatorio. As medidas propostas son recomendacións.

9. Onde teño que solicitar o rexistro do certificado?
A solicitude de rexistro deberá ir dirixida á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.