CERTIFICADOS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DE EDIFICIOS EXISTENTES

Se vendes ou alugas a túa vivenda, local ou oficina, necesitas o certificado de eficiencia enerxética de edificos existentes segundo o Real Decreto 235/2013. 

O certificado acompáñase dunha etiqueta que debe ser incluída en toda ofertapromoción e publicidade dirixida á venda ou arrendamento do inmoble.

Asegúrate de ter o certificado antes de poñer en venda ou alugueiro o teu immoble para evitar posibles sancións.

 

CONSEGUE O TEU CERTIFICADO ENERXÉTICO EN SÓ 4 PASOS

1. CONTACTAS CONNOSCO

2. VISITAMOS O INMOBLE

3. REDACTAMOS O CERTIFICADO

4. RECÍBLEO NA TÚA CASA

certificacion.vrl@hotmail.com             +34 675 48 69 76

 

CONTÁCTANOS.  REALIZAMOS TÓDOLOS TRÁMITES.

Solicita información ou presuposto, sen compromiso, para obter o teu certificado nas provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra. 

 

Consulta as tarifas por certificado segundo o tipo de inmoble e a superficie útil:

TARIFAS POR CERTIFICADO

PROCESO PARA OBTER O CERTIFICADO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA:

1. Solicite información a fin de comprobar se necesita o certificado.

2. Elabórase un presuposto en función do tipo e superficie do inmoble. (Ver tarifas)

3. Faise unha visita ao inmoble para tomar os datos necesarios para elaborar o certificado: 

- Medición con telémetro láser para elaborar os planos do inmoble.

- Definición da estrutura, cerramentos, particións, cubertas, carpintarías e posibles pontes térmicas.

- Inspección das instalacións térmicas.

- Reportaxe fotográfica do immoble e contorna.

4. Procédese a debuxar os planos e a introducir as características do inmoble nun dos programas informáticos oficiais do Ministerio de Industria, Energía y Turismo (CE3X).

5. O programa emite un certificado inical a completar polo técnico redactor con varios anexos.

6. Finalizada a redacción do certificado cómpre pagar as taxas de inscrición no rexistro de certificados de eficiencia enerxética da Xunta de Galicia e proceder á súa inscrición. 

 

7. Entrega ao propietario no seu domicilio da etiqueta e certificado definitivos inscritos no rexistro e cunha validez de dez anos (10).