CERTIFICADO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DE EDIFICIOS EXISTENTES

Certificado tipo.

O certificado de eficiencia enerxética tipo inclúe:

1 . Consideracións previas sobre o certificado de eficiencia enerxética de edificios existentes.

Breve introdución ao documento con información básica que debe coñecer o propietario do inmoble.

2. Etiqueta de eficiencia enerxética de edificios existentes.

Distintivo que clasifica aos inmobles dentro dunha escala de sete letras, dende o G (menos eficiente) ata o A (máis eficiente) e que debe ser incluída en toda oferta, promoción ou publicidade.

3. Certificado de eficiencia enerxética de edificios existentes.

Parte do documento que proporciona o programa informático oficial do Ministerio de Industria, Energía y Turismo, (Programa CE3X). Inclúe información administrativa e a cualificación obtida. Está acompañado de varios anexos.

4. Anexo I. Descrición das características do inmoble.

Defínense as características da envolvente e das instalacións.

5. Anexo II. Cualificación enerxética do inmoble.

Reflicte as diferentes cualificacións obtidas polo inmoble.

6. Anexo III. Recomendacións para a mellora da eficiencia enerxética.

Incorpora unha serie de propostas de actuación no inmoble para mellorar a eficiencia enerxética. Mostra as cualificacións e as porcentaxes teóricas de aforro obtidas no caso de acometer as reformas.

7. Anexo IV. Probas, comprobacións e inspeccións realizadas polo técnico certificador.

8. Anexo V. Informe descritivo das medidas de mellora.

9. Anexo VI. Presupostos indicativos das medidas de mellora recomendadas.

10. Anexo VII. Análise da viabilidade económica das medidas de mellora.

Estudo de custes e amortización da inversión nas medidas de mellora propostas.

11. Anexo VIII. Informe do Catastro.

12. Anexo IX. Planos do inmoble.

Planos a escala de todas as plantas que se certifican do inmoble.

13. Anexo X. Reportaxe fotográfica.

Exposición dunha selección das fotografías tomadas na visita ao inmoble.

14. Anexo XI. Información para o propietario.

Guías con información sobre as medidas de mellora propostas e recomendacións sobre como levalas á práctica.

15. Anexo XII. Cumprimento dos requisitos medioambientais esixidos ás instalacións térmicas.

16. Solicitude de inscrición no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

17. Xustificante do pago de taxas de rexistro do certificado de eficiencia enerxética.

certificacion.vrl@hotmail.com             +34 675486976