biblioteca universitaria da Universidade da Coruña _ pfc

Un barco varado, recostado, en decadencia, nun lugar que non lle corresponde. Non pertence a ese lugar, non pertence a ningún outro, pero a un tempo, a todos. 

O edificio, a biblioteca, apoiada sobre o terreo sen máis, aceptando as pendentes. Inclinada, avanza sobre o desmonte. Debaixo hai un espazo polo que se pode acceder ao interior. A partires de aquí a rampla que o percorre e o atravesa, que entra e que sae. Que nos leva ao espazo principal, baixo a cuberta, ás salas, e que nos permite comprender o edificio.

Nunha fachada, a luz puntual e noutra, a luz difusa, constante. Nunha, un tipo de oco pequeno que é fiestra e porta, entrada e saída. Na outra, os grandes ocos. A cuberta, cortada en dous puntos, introduce unha liña de luz no interior. Rozando esa luz que baixa, a escaleira que nos leva arriba, ao miradoiro da cuberta.